Termos e Condicións

1

Bazar é un mercado en liña que reúne varias tendas, productores e vendedores. Só aceptamos vendedores de confianza e non toleramos fraude. Calquera mala práctica resultará na suspensión da tenda na que incorrese.

2

Todas as tendas en Bazar aceptan FairCoin e venden os seus produtos a cambio de FairCoin. Aínda que os pagamentos noutras moedas son aceptados, os vendedores sempre reciben pagamentos en FairCoin. Bazar intentará de boa fe resolver calquera problema que poida xurdir.

3

As tendas admitidas a Bazar aceptan que o pagamento é retenido por Bazar durante 15 días para garantir que todo o proceso realízase a satisfacción de todas as partes. Ademais, as tendas contribúen ao mantemento deste sistema cunha pequena porcentaxe da cantidade vendida, decidida pola asemblea de Komun.org, que neste momento é do 3%

4

Crear unha tenda en Bazar é completamente gratuíto, pero só aceptamos tendas con produtos Fair, isto é: só aceptamos produtos e servizos éticos. A decisión final sobre se as tendas e os produtos aceptados corresponden á asemblea de Komun.org.

5

Non utilizamos máis datos que o esencial para que Bazar funcione. Aquí non hai venda de datos persoais nin publicidade nin tonterías.

6

Bazar é un proxecto autónomo vinculado a Fair.Coop, que é totalmente compatible. Isto significa que todas as tendas en Bazar están integradas neste proxecto con todos os dereitos e obrigacións cara ao común que lles corresponde.

7

Se no futuro a relación expresada no punto 6 cambie e seguimos outro modelo, as tendas vinculadas a Bazar recibirán a información necesaria a este respecto.